Coordenadas: 55°01′59″N 8°06′43″O / 55.033, -8.112
Errigal | |
---|---|
![]() O monte Errigal dende Gaoth Dobhair. | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Montañas Derryveagh |
Localización administrativa | |
Localización | Condado de Donegal, ![]() |
Características xerais | |
Altitude | 751 m |
O monte Errigal (en irlandés: An Earagail), é unha montaña que se atopa preto de Gaoth Dobhair, no condado de Donegal, en Irlanda. Trátase do pico máis alto das Montañas Derryveagh e tamén de todo o condado. Errigal é tamén o monte máis meridional e elevado da cadea montañosa coñecida popularmente como "Na Seacht Deirfiúracha" ("As Sete Irmás"). As Sete Irmás inclúen os montes Muckish, Crocknalaragagh, Aghla Beg, Ardloughnabrackbaddy, Aghla More, Mackoght e Errigal.
Errigal é famoso pola cor e brillos rosados que adquire a súa cuarcita durante o solpor. Tamén foi elixido como a Montaña máis Icónica de Irlanda en 2009.[1]